En que consiste?
Concilia Tempos é un programa para favorecer a conciliación da vida laboral e o coidado dos fillos e fillas durante as vacacións escolares de Semana Santa, Verán e Nadal. Nel, ofrécense diversas propostas de lecer didáctico de luns a venres e en horario de mañá. Aínda que os escenarios poden mudar, habitualmente, Concilia Nadal e Concilia Semana Santa celébranse no pavillón do CPI Atios, namentras que Concilia Verán ten como lugar principal o local social de Pantín, e en función da demanda, habilítase tamén o local social de Aviño. Neste último caso, os campamentos desenvólvense entre os meses de xullo e de agosto (de 10 a 14 horas, e con horario de entrada dende as 8,30h).
A quen vai dirixido?
Familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos
Organismo responsable
Concello de Valdoviño.
Onde e cando
O Concello abre o prazo de inscrición nas semanas previas á celebración de Concilia Tempos Nadal! e Concilia Tempos Semana Santa! Ademais, no mes de xuño, ábrese a convocatoria para Concilia Tempos Verán! En todos os casos, as solicitudes deben presentarse no rexistro xeral municipal.