En que consiste?
Trátase dun servizo de conciliación para as familias de Valdoviño co que os nenos e nenas poden adiantar a hora de entrada nos centros educativos. A través do mesmo, acceden a almorzos saudables acompañados dunha oferta de lecer didáctico entre as 7,30 horas e o inicio das clases. O programa préstase entre os meses de outubro e xuño e ten un custe de 30 euros/mes e de 20 euros/medio mes. Para o acceso teñen preferencia as familias nas que as persoas adultas traballen, as numerosas e as monoparentais.
A quen vai dirixido?
Familias con nenos e nenas escolarizados no CPI Atios e escolas unitarias do CRA O Esquío.
Organismo responsable
Concello de Valdoviño.
Onde e cando
Cada ano, o Concello abre o prazo de inscrición no mes de setembro, aínda que as familias poden acollerse ao programa durante todo o exercicio en función da disponibilidade de prazas. As solicitudes deben presentarse no rexistro xeral municipal.