En que consiste?
Obradoiros sobre educación en igualdade en centros educativos, conversas sobre temas como a sexualidade e as emocións na madurez, roteiros guiados polo universo de grandes mulleres como Concepción Arenal, marchas reivindicativas, exposicións, faladoiros de mulleres, presentacións literarias sobre a literatura silenciada… cada 8M, Día Internacional da Muller, o Concello de Valdoviño deseña unha completa programación para reivindicar a liberdade de ser e sentir, coa que busca a implicación de toda a sociedade.
A quen vai dirixido?
Sociedade en xeral.
Organismo responsable
Concello de Valdoviño en colaboración co tecido asociativo.
Onde e cando
Durante o mes de marzo, en diferentes espazos como os centros educativos do municipio, o auditorio municipal, o centro sociocomunitario, os locais sociais ou a pé de rúa.