En que consiste?

Trátase dun Servizo telefónico de Información, Asesoramento xurídico e de Atención psicosocial inmediata por persoal especializado a todas as formas de violencia contra as mulleres
É gratuito, confidencial e accesible para persoas con discapacidade auditiva e/ou da fala e baixa visión.

A quen vai dirixido?

Ás persoas vítimas de violencia de xénero, e tamén a aquelas que desexen informar dunha situación de maltrato.

Organismo responsable

O Ministerio de Igualdade, por medio da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.

Onde e cando

Préstase a través das seguintes canles:


– Atención telefónica: 016
– Atención online: 016-online@igualdad.gob.es
– Atención por WhatsApp: 600 000 016
Atención en 53 idiomas por teléfono (24 horas): castelán, catalán, euskera, galego, inglés, francés, alemán, portugués, chino mandarín, ruso, árabe, rumano, búlgaro, tamazight e outros 39 idiomas a través dun servizo de tele-tradución
– Atención 24 horas en 16 idiomas por correo electrónico e chat online: castelán, catalán, euskera, galego, valenciano, inglés, francés, alemán, portugués, chino, mandarín, ruso, árabe, rumano, búlgaro, italiano
– Servizo de información xeral (24 horas de luns a domingo)

– Servizo de asesoramento xurídico (de 8 a 22 h de luns a domingo)
– Atención psicosocial inmediata para todas as persoas que necesiten contención emocional e acompañamento psicosocial inmediato (servizo 24 horas de luns a domingo): Realizada por persoal especializado.