Image Alt

Tarxeta benvida

  /    /  Tarxeta benvida

En que consiste?

É unha axuda económica de 1.200€ que outorga a Xunta ás familias que durante o 2021 teñan un/ha fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos. A subvención só poderá ser gastada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, supermercados, tendas de alimentación e establecementos especializados en produtos para a infancia.


Tamén poderían solicitala aquelas familias que “tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2019 e 2020, experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías reguladas”.

A quen vai dirixido?

Ás familias empadroadas en concellos galegos que teñan fillos/as, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021. A súa renda non poderá superar os 45.000 €, ou cunha renda per cápita igual ou inferior aos 13.500 €. A contía poderá estenderse un segundo ano se a familia non supera os 22.000 €. Tamén poderá ampliarse en casos de especial vulnerabilidade.

Organismo responsable

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Consellería de Política Social.

Onde e cando

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Xunta. Opcionalmente, poderanse tramitarse a través do departamento de Servizos Sociais de Valdoviño.

 

O prazo de presentación será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel no que se produce o nacemento ou se dita resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.