En que consiste?
É unha liña de subvencións coa que garantir que todos os nenos e nenas poidan ter o seu agasallo no Nadal, apoiando a situación económica na que se atopan algunhas familias. Trátase dunha axuda dunha cuantía única de 50 euros.
A quen vai dirixido?
As axudas están dirixidas a pais, nais, titores/as ou familias acolledoras con fillos ou fillas menores de idade e empadronados en Valdoviño que non superen uns ingresos mínimos establecidos nas bases da convocatoria.
Organismo responsable
Concello de Valdoviño.
Onde e cando
A convocatoria ábrese cada ano no mes de decembro e as solicitudes deben presentarse no rexistro xeral municipal.