En que consiste?
Documento que acredita a condición de familia monoparental, dando dereito a algunhas vantaxes, ao determinarse a súa especial consideración e protección. Por exemplo, prioridade á hora de escoller escola infantil e na concesión de determinadas axudas, descontos en campamentos e residencias de tempo libre da Xunta e para solicitar o bono social eléctrico.
A quen vai dirixido?
En Galicia, se considera familia monoparental á unidade familiar composta por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o/a outro/a proxenitor/a non contribúa economicamente ao sustento do/a menor ou menores (pai ou nai divorciados/as con fillos a cargo, pai ou nai que adoptaran en solitario, viúvos/as…)
Organismo responsable
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
Onde e cando
Nos Servizos Sociais de Valdoviño informarase dos trámites e documentación precisa. A solicitude presentarase en calquera rexistro oficial (a través do Portelo único), oficinas de correo ou no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia (cubrindo o impreso modelo PR004A).