En que consiste?
Un programa de prevención e intervención para a mellora da convivencia nas aulas e o adestramento en técnicas e ferramentas máis eficaces na resolución dos conflitos e participación grupal. Para iso, contempla varias liñas de actuación: sesións en aula co alumnado, obradoiros e acompañamento ás familias e encontros e accións co equipo docente.
A quen vai dirixido?
O traballo co alumnado e equipo docente céntrase nas aulas de 1º e 2º curso da ESO do CPI Atios. En relación ás familias, diríxese a aquelas con fillos e fillas de todas as idades.
Organismo responsable
Organiza o Concello de Valdoviño en colaboración co CPI Atios e o CRA O Esquío.
Onde e cando
Sesións e obradoiros desenvólvense no CPI Atios ao longo do curso escolar.