En que consiste?
Son axudas destinadas a sufragar material escolar e financiar gastos de transporte escolar para aliviar o custe que representa o inicio do curso escolar para moitas familias con escasos recursos.
A quen vai dirixido?
As axudas para financiar material escolar están dirixidas a familias empadroadas con nenos/as escolarizados nos niveis de Infantil, Primaria ou Secundaria nalgún dos centros educativos de Valdoviño ou Bacharelato/Formación Profesional nalgún centro público educativo dos concellos limítrofes. Nas axudas ao transporte escolar, poden beneficiarse as familias con menores con escolarización en Bacharelato e Formación Profesional de municipios próximos, así como as persoas maiores de idade que cursen estudos nalgunha das Universidades de Galicia.
Organismo responsable
Concello de Valdoviño.
Onde e cando
A convocatoria ábrese cada ano no terceiro trimestre e as solicitudes deben presentarse no rexistro xeral municipal.