Seitura 22 informará en Valdoviño das axudas do Leader para emprendedores e empresas
Persoal técnico ofrecerá o mércores 14 ás 19:00 horas unha charla na casa da cultura para dar a coñecer os detalles da nova convocatoria
Valdoviño, 7 de maio do 2025. Valdoviño acollerá o vindeiro mércores 14 de maio unha charla informativa sobre a nova convocatoria de axudas do programa Leader. Está dirixida especialmente a emprendedores e pequenas e medianas empresas, ademais de entidades privadas sen ánimo de lucro que, xunto ás entidades públicas, son os potenciais beneficiarios das subvencións. Todos eles poderán coñecer os detalles da convocatoria, así como a súa tramitación e prazos, na charla, que comenzará ás 19:00 horas na casa da cultura.
A iniciativa está promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Seitura 22, do que forma parte o Concello de Valdoviño, e inclúese nunha campaña informativa máis ampla para dar a coñecer no territorio esta liña de axudas para a posta en marcha tanto de proxectos produtivos como non produtivos. Na pasada convocatoria, os fondos beneficiaron a unha decea de proxectos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, ademais dos concellos de Miño e Vilarmaior, cunha inxección económica superior aos 600.000 euros. Uns fondos que permitiron a posta en marcha de novos proxectos no ámbito social como a creación dun centro de día ou turístico coa apertura dun hotel, ou a mellora e ampliación doutros negocios xa consolidados.
