Segunda Xornada Emprendepesca, proxecto de emprendemento no mar, turismo, medio ambiente, comercio, alimentación nos Concellos de Cariño, Cedeira e Valdoviño

Valdoviño acolle a segunda xornada de difusión do proxecto Emprendepesca para achegar á poboación as oportunidades do sector do mar no territorio

Valdoviño, 7 de outubro do 2022. Emprendepesca “PROGRAMA DE VALORIZACIÓN DA PESCA SUSTENTABLE, E PARA IMPULSO DO EMPRENDEMENTO, PRIORITARIAMENTE NA TRANSFORMACIÓN, NO SECTOR PESQUEIRO NOS CONCELLOS DE CARIÑO, CEDEIRA E VALDOVIÑO” (2021-2022) é unha iniciativa conxunta entre os Concellos de Cariño, Cedeira e Valdoviño, financiada co Fondo Europeo e Marítimo da Pesca (FEMP), aprobado na primeira fase de axudas dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, de 2021. 

O luns 10 de outubro terá lugar a segunda xornada informativa do proxecto Emprendepesca na que se pretende achegar á poboación as oportunidades de emprendemento que ten o territorio, así como negocios que son unha boa práctica tanto no ámbito da transformación como no da diversificación do sector do mar a través de iniciativas turísticas, medio ambientais, relacionadas co patrimonio, etc. 

Con esta última xornada Emprendepesca preténdese dar un impulso ao emprendemento no sector e dar a coñecer exemplos de negocios de éxito que están a funcionar en outros territorios costeiros de Galicia. 

Segue aberto o servizo de asesoramento a ideas emprendedoras no sector do mar, que remata a finais de outubro. Neste servizo estase ofrecendo orientación nos primeiros pasos da posta en marcha do negocio, as liñas de axuda e subvencións ás que se pode optar, trámites administrativos para a apertura do negocio, etc. 

Para obter mais información de Emprendepesca pódese consultar a súa páxina web emprendepesca.gal ou seguir as súas redes sociais de Facebook @emprendepesca20212022 e Instagram @emprendepesca. 

O proxecto conta cun número de teléfono e unha dirección de correo para a realización de calquera consulta relacionada co proxecto, co servizo de asesoramento e para as inscricións as xornadas: 664 538 215 e emprendepesca21@gmail 

Son cinco as entidades do territorio Emprendepesca que colaboran co proxecto Emprendepesca. E que son as Confrarías de Pescadores de Cedeira e de Cariño, a Asociación de Mariscadoras e Mariscadores de Cariño, as Asociacións de Percebeiros de Cariño e de Meirás.