SEAGA comezou a revisión das faixas secundarias de Valdoviño co obxectivo de previr incendios
Revisa o cumprimento das tarefas de limpeza das fincas por parte das prersoas propietarias
Valdoviño, 20 de agosto do 2026. Servizos Agrarios Galegos (SEAGA), dependente da Consellería de Medio Rural, vén de iniciar en Valdoviño as labores de inspección do conxunto de parcelas afectadas polas faixas secundarias de xestión de biomasa que recolle o Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello. O obxectivo é comprobar o grado de cumprimento, por parte das persoas propietarias, das tarefas de limpeza das parcelas que a lei autonómica lles obriga a realizar antes do 31 de maio.
O persoal da citada firma está a inspeccionar as máis de 6.500 fincas que hai no conxunto do municipio na franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, núcleo rural e urbanizable, detectando incumprimentos. Incorpóranse desta volta as parcelas afectadas polos 37 novos núcleos rurais delimitados. Un labor esencial para protexer os núcleos de poboación.
Será a segunda revisión destas faixas por parte da empresa pública ligada á Xunta de Galicia, que xa realizou unha primeira notificación aos propietarios a finais do 2024. Nesta nova visita, comprobarán se se levaron a cabo os traballos de limpeza, así como a retirada de especies pirófitas, requiridos naquel intre. Ignorar esa obriga, tal e como establece a normativa autonómica, pode ter consecuencias económicas. De feito, este proceso da continuidade aos expedientes sancionadores iniciados
Os traballos de inspección enmárcanse no convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, ao que o Valdoviño está adherido.
As parcelas afectadas polas faixas secundarias de xestión de biomasa, aparecen relacionadas coa súa referencia catastral no plan municipal citado anteriormente, que detalla ademais a superficie de afección.
