Santigo de Pantín Surf School abre inscricións nunha xornada gratuíta de iniciación ao surf
A iniciativa forma parte do programa de fomento do deporte en Valdoviño vencellado á concesión de autorizacións nas praias
Valdoviño, 19 de abril de 2024. Santiago de Pantín Surf School organizará unha xornada de iniciación ao surf o vindeiro sábado 27 de abril, de 11 a 13 horas, na praia de Pantín. A participación é gratuíta, con prazas limitadas, e forma parte do programa de fomento do deporte en Valdoviño vencellado á concesión de autorizacións de uso das praias por parte das escolas de surf.
A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 11 anos e persoas adultas, sen límite de idade, e co único requisito de saber nadar. Ademais, a escola facilitará todo o material necesario. Para anotarse é preciso enviar un whatsapp ao número 646 327 606 sinalando nome e apelidos, idade e lugar de empadronamento. A partir de aí, a escola poñerase en contacto co/a solicitante para confirmar a praza. O prazo remata o xoves 25 de abril. En caso de que a demanda exceda a oferta, terán prioridade as persoas empadroadas en Valdoviño.