Sabela King & The Heartbreakers, en concerto o vindeiro luns na Porta do Sol
Retirada de invitacións na Casa da Cultura en horario de 10 a 14 h
Actuación estelar de Sabela King & The Heartbreakers o vindeiro luns 16 de agosto en Valdoviño. Celebrarase a partir das 21 horas na Porta do Sol, na víspera de San Mamede, e as entradas poden retirarse dende xa na Casa da Cultura en horario de 10 a 14 h (ata o venres ou completar aforo).
O concerto deste excelente trío musical de blues inclúese no programa Cultura no Camiño, co patrocinio da Xunta de Galicia e Gadis. Formado por Sabela King (voz e ukelele), Ramón Figueira (armónicas) e Benjamín Vázquez (guitarras), ofrecerán en Valdoviño un concerto íntimo e intenso con repaso polos temas máis emblemáticos do blues, country e o soul ata chegar á actualidade, adaptando versións dos clásicos destes xéneros a un formato reducido. Ademais, parte do repertorio está formado por temas propios.
Xa se poden retirar as invitacións na Casa da Cultura -ata o venres ou completar aforo- en horario de 10 a 14 h.