“Ritmo Refugallo”, este domingo en Valdoviño

Retirada de invitacións ata o venres de 10 a 14 e de 16 a 20 horas

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este domingo 14 de marzo a función «Ritmo Refugallo», unha proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mistura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, ritmo e moito humor. Será a partir das 18 horas, dirixida a un público infantil e familiar.

Para asistir, é preciso retirar invitación. Pode facerse na Casa da Cultura en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas, ata o venres ou completar aforo.

A función, dirixida por Fran Rei e con Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto no elenco, inclúese na Rede Cultural da Deputación da Coruña.