Rilo&Penadique trae este domingo á Casa da Cultura de Valdoviño “Arrolando as frores”

 A sesión, incluída na programación “Somos e Contamos” coa que o Concello conmemora o 25N, está dirixida a un público adolescente e adulto

Valdoviño,  de novembro de 2021. No marco do programa municipal «Somos e Contamos», Rilo&Penadique trae este domingo a Valdoviño o seu espectáculo «Arrolando as frores». Dirixido a un público adolescente e adulto, a función desenvolverase na Casa da Cultura a partir das 18 horas, con entrada libre ata completar aforo. A través da narración oral e a música, Vero Rilo e Sonsoles Penadique falarán do aborto, contarán a Marica Campo, revisarán os contos colorados, namoraranse das flores e trasplantarán alegría. Un compendio de amor, dor, humor, música e mulleres das nosas vidas. Así mesmo, o público asistente recibirá como obsequio unhas chapas conmemorativas deseñadas pola artesá local Elisa Rojas e, ao remate do acto, procederase á lectura do manifesto institucional. 

Un manifesto, titulado «Valdoviño coa eliminación das violencias contra as mulleres», aprobado o pasado xoves en pleno e hoxe a consulta da cidadanía na web municipal. 

Ata o domingo, a programación municipal para conmemorar o Día Mundial para a Eliminación da Violencia contra a Muller continuará ao longo da semana centrada nas aulas do Punto de Atención á Infancia, CRA O Esquío e CPI Atios.

E ata finais de mes, a Casa da Cultura acolle a exposición “Spray, Festa monstruosa”, integrada polos traballos das nenas e nenos de Educación Infantil do CPI Atios inspirados na artista Olga de Dios. Pode visitarse en horario de 12 a 14 e de 17 a 19 horas de luns a sábado e de 10 a 14 h os domingos.

MANIFESTO INSTITUCIONAL