Reunión informativa o luns 27 de setembro sobre o parque eólico Nordés

Na mesma, a veciñanza poderá informarse e sumarse ás alegacións que presentará o Concello de Valdoviño

Valdoviño, 16 de setembro de 2021. O Concello de Valdoviño celebrará o vindeiro luns 27 de setembro unha charla informativa sobre o Parque Eólico Nordés nas instalacións do campo de fútbol de Vilaboa. Dará comezo ás 17 horas e está aberta á veciñanza. No caso de choiva, trasladaríase ás dependencias da cooperativa. Na mesma, non só se informará sobre o proxecto, hoxe en fase de información pública, senón que se ofrecerá a posibilidade de adherirse ás alegacións que presentará a Administración local.

Así mesmo, dende o Concello infórmase de que toda a documentación relacionada tanto con este proxecto de nova construción como co de modificación do parque eólico Novo está dispoñible na web municipal, a través dos seguintes enlaces:

-Novo: https://cutt.ly/dW24zmH

-Nordés: https://cutt.ly/vW24vNc