Reordenación do tráfico no vial de Aviño na súa conexión coa estrada AC-566, en Lago

Cambios xa vixentes coa instalación da sinaléctica vertical, que se completará nos próximos días co pintado da sinalización horizontal

Valdoviño, 18 de novembro de 2021. Tras o remate das obras de acondicionamento do camiño de Lanzós, executadas polo Concello cunha axuda de AGADER e un investimento de 44.000 euros, Xunta e Administración local acordaban a reordenación do tráfico na zona para mellorar a seguridade viairia, especialmente na incorporación dos condutores á estrada autonómica dende o vial de Aviño.

Así, a Xunta instalaba estes días a sinalización vertical coa que entran en vigor os cambios, establecendo a dirección única na subida no vial de Aviño dende a AC566 á altura do establecemento do Paraíso. En sentido descendente hai que tomar agora o camiño de Lanzós ata a saída do Pescador ou continuar ata Mourente e tomar alí a saída. 

Nas próximas xornadas, segundo trasladou a Xunta ao Concello, procederase ao pintado da sinalización horizontal.