Descubre a contorna natural de Valdoviño a través de rutas a cabalo.

Cabaliño do Lago

O centro ecuestre Cabaliño do Lago proponnos descubrir a contorna natural de Valdoviño a través do seu programa de rutas a cabalo. En función do noso tempo e experiencia como xinetes e amazonas, contan con diferentes itinerarios cunha duración que oscila entre a media hora e a media xornada e uns traxectos curtos polo paseo da Lagoa; de media distancia ata A Lóngara (Lago); algo máis alonxados pola Senda das Ondas e, finalmente, os percorridos ata o Faro de Meirás. Calendario e horario fíxanse a demanda. Así mesmo, ofertan campamentos para nenos e nenas nas súas instalacións, situadas ao pé da lagoa da Frouxeira.

Visita tamén...

Océano Surf Museo

Valdoviño conta co primeiro e único museo do surf de España. Aínda non o coñeces?

Escolas de Surf

As mellores escolas e surfistas para aprender a surfear ou mellorar a túa técnica.

Pantín Classic

Pantín gañou a pulso o seu segundo nome, a fábrica de ondas. E é que nunca fallan.