Image Alt

Cursos de piscina

  /    /  Cursos de piscina

Preinscrición

A programación que se desenvolverá na piscina durante os meses de xullo e agosto está ideada para todas as franxas de idade. Así, haberá cursos de iniciación á natación, de nivel intermedio e tamén perfeccionamento; natación para bebés, aquagym e baño libre. As clases e sesións terán lugar polas mañás, xa que as tardes se reservan para o uso e desfrute das instalacións por parte de veciños e visitantes.

 

O prazo de inscrición ábrese o xoves 15 de xuño, ata o día 25 -incluído-, e deberá formalizarse no rexistro municipal da casa consistorial ou a través do formulario que se pode atopar no seguinte enlace:

Preinscrición nas actividades.

 

  En caso de que a demanda exceda a oferta de prazas, as persoas empadroadas no municipio terán prioridade na concesión.

Custo

Os prezos oscilan dende os 7,37 euros ata os 8,86 euros ao mes.

Cuestións a ter en conta

Unha vez cubra o formulario recibirá un email cunha copia sobre o documento presentado ante a Oficina de Deportes de Valdoviño. O departamento de deportes poñerase en contacto por email a semana do 26 de xuño para confirmarlle se dispón de praza para a realización da actividade. Unha vez reciba esa comunicación deberá realizar a matricula segundo as indicacións da oficina de deportes. A orde de adxudicación de prazas será por estricta orde de inscrición.