Image Alt

Ociosol 2023

Preinscrición

Un ano máis volve o Ociosol a Valdoviño con numerosas actividades. Tenis, baloncesto, atletismo e fútbol sala (dirixidas a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2017), multixogo (entre 2014 e 2018), e ximnasia (de 18 anos en adiante).

 

Se queres inscribirte nalgunha das actividades ofertadas, podes facelo cubrindo o formulario que podedes atopar neste enlace (debes cubrir un formulario por actividade a realizar):

 

Preinscrición nas actividades.

Horarios

Os horarios son os seguintes:

Baloncesto: luns e xoves ás 10:30 h e mércores ás 11:30 h

Ximnasia: mércores e venres ás 10:30 h

Atletismo: mércores e venres ás 10:30 h

Tenis (2014-2017): luns e venres ás 11:30 h

Fútbol sala (2014-2017): martes e xoves ás 11:30 h

Multixogo: martes ás 10:30 h e mércores ás 12:30 h

Tenis (2010-2013): luns e venres ás 12:30 h

Fútbol sala (2010-2013): martes e xoves ás 12:30 h 

Custo

O custe das actividades é de 7,37 euros ao mes, agás ximnasia, para adultos, cun custe de 8,86 euros.

Cuestións a ter en conta

Unha vez cubra o formulario recibirá un email cunha copia sobre o documento presentado ante a Oficina de Deportes de Valdoviño. O departamento de deportes poñerase en contacto por email durante a semana do 26 de xuño para confirmarlle se dispón de praza para a realización da actividade. Unha vez reciba esa comunicación deberá realizar a matricula segundo as indicacións da oficina de deportes. A orde de adxudicación de prazas será por estricta orde de inscrición.