Senda litoral Costa Ártabra, de gran interese paisaxístico.
Senda litoral Costa
Ártabra.
Xunto á praia de Campelo, coñecida polos seus impresionantes bolos e as súas bondades para o surf, arrinca o camiño pola Costa Ártabra que conduce ata a ferrolá praia de Santa Comba. Trátase dun itinerario acondicionado e sinalizado nos últimos anos, que percorre parte do litoral de Valdoviño, Narón e Ferrol. Cantís, penas monumentais, pequenas calas, miradoiros e praias saen ao paso dos e das camiñantes.
Está pensado para facer a pé ou en bicicleta de forma autoguiada.
Interese Paisaxístico.
Discorre por un territorio escasamente urbanizado, incluído no LIC Costa Ártabra e de gran interese paisaxístico. Ademais, ofrece boas oportunidades para a observación de aves.
Ruta Lineal.
A ruta abarca 9,2 km. A súa parte máis complicada é a central, que inclúe a subida aos montes da Lagoa. Pódese facer en bicicleta.
Valdoviño De Rutas
Para outros plans...
De Praia
As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.
De Ruta
Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.
Birding
O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.
Turismo Activo
Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.
Xeoturismo
As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.
De Festa
O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.
Grandes Miradores
Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.