Senda das Ondas, descubre os principais atractivos turísticos de Valdoviño.

Senda das Ondas.

Un percorrido de preto de 20 quilómetros para descubrir os principais atractivos turísticos de Valdoviño, co surf como elemento central do relato. A primeira ruta sinalizada do municipio parte do lugar da Veiga, en Pantín, e segue a estreita estrada da costa, que deixa instantáneas para enmarcar e permite coñecer catro areais que, ademais de pola súa gran riqueza ambiental e paisaxística, destacan pola súa calidade para a práctica do surf: Vilarrube, Baleo, Pantín e A Frouxeira.

CONCLÚE AOS PÉS DUN DOS

Emblemas da costa de Valdoviño.

ESPAZO NATURAL PROTEXIDO

Marcado interese xeolóxico e ornitolóxico.

GRAN RIQUEZA AMBIENTAL E PAISAXÍSTICA

Vilarrube, Baleo, Pantín e A Frouxeira.

Está pensado para facer a pé ou en bicicleta de forma autoguiada.

O itinerario lineal, que conclúe aos pés dun dos emblemas da costa de Valdoviño, o faro de Meirás, está pensado para facer a pé ou en bicicleta de forma autoguiada, e bota man das novas tecnoloxías para presentar as persoas visitantes os elementos clave da ruta.

Apta para toda a familia.

E así, as persoas que se embarquen nesta aventura, apta para toda a familia e imprescindible para quen goce do contacto coa natureza, sorprenderanse coas panorámicas que ofrecen miradoiros como o de San Xiao, desde o que se divisa Punta  Chirlateira, o de Oural, próximo á praia do Baleo, e sobre todo o do Paraño, coa mellor vista desde o alto da Frouxeira, da quilométrica praia, así como do seu amplísimo cordón de dunas e da súa lagoa, de marcado interese xeolóxico e ornitolóxico. Un espazo natural protexido, que a xente  coñecerá de preto, deixando atrás o asfalto.

Percorre palmo a palmo boa parte da costa bravía de Valdoviño.

A Senda das Ondas invita a percorrer palmo a palmo boa parte da costa bravía de Valdoviño, revelando as cualidades que fan que ás súas praias cheguen cada ano milleiros de surfistas na busca das mellores ondas. Unha recomendación: non esquezas a cámara de fotos en casa.. 

Para outros plans...

De Praia

As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.

De Ruta

Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.

Birding

O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.

Turismo Activo

Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.

Xeoturismo

As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.

De Festa

O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.

Grandes Miradores

Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.