Senda da Lagoa da Frouxeira, carta de presentación del espacio natural.

Senda da Lagoa
da Frouxeira.

Percorrido lineal e chairo de apenas 2,4 km entre a praia pequena da Frouxeira e as proximidades da AC-116. Parte do paseo marítimo e empata co camiño de terra que discorre ao longo do lado este da lagoa da Frouxeira, a zona máis atractiva do carreiro.
Constitúe unha excelente carta de presentación deste espazo natural protexido.

RUTA PERFECTA PARA

Disfrutar en bicicleta e coa familia.

ESPAZO NATURAL PROTEXIDO

Ideal para avistar aves.

SÍNTETE ATRAIDO POLO CAMIÑO DE TERRA

A Zona máis atractiva, A Lagoa.

Está pensado para facer a pé ou en bicicleta de forma autoguiada.

Carta de presentación do espazo natural.

Permite observar os dous medios ecolóxicos diferenciados que conforman o complexo húmido de importancia internacional: o areal co seu enorme sistema de dunas, e a lagoa costeira que se esconde tras el.

Interese Ornitolóxico.

O itinerario ten un marcado interese ornitolóxico (dispón de paneis interpretativos e un observatorio para avistar aves) e está incluído dentro da Senda das Ondas. É perfecto para calquera idade e pódese facer en bicicleta.

Para outros plans...

De Praia

As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.

De Ruta

Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.

Birding

O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.

Turismo Activo

Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.

Xeoturismo

As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.

De Festa

O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.

Grandes Miradores

Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.