Ruta ata Punta Chirlateira, sinte a forza do mar.
Ruta ata Punta
Chirlateira.
Itinerario pola costa norte de Valdoviño con saída desde a praia do Baleo. O percorrido, que coincide en parte co da Senda das Ondas, segue a pista asfaltada situada na entrada do aparcadoiro do areal. Estrada que, tras unha forte subida inicial, permitiranos gozar dunha vista da praia e conduciranos ao primeiro dos miradoiros da zona, o do Oural. Un punto fronte ao Atlántico para sentar e repoñer forzas, unha vez superada a pendente. Desde aquí, sen deixar o asfalto, seguiremos ata aproximarnos a un novo miradoiro, o de San Xiao, desde onde teremos unha primeira estampa dos impresionantes cantís de Cedeira.
Está pensado para facer a pé ou en bicicleta de forma autoguiada.
Punta Chirlateira.
Enmarca polo oeste a bocana da pequena ría de Cedeira. Este tramo do itinerario, que discorre por sendas de pescadores próximas a abruptos cantís, permitiranos sentir a forza do mar e tomar boas instantáneas da ría de Cedeira, de enorme riqueza paisaxística e ecolóxica, así como da tranquila praia de Vilarrube.
Rematamos a ruta.
Completada a volta, regresamos polo mesmo percorrido ao momento de orixe. Toca camiñar costa abaixo, conque todos os santos axudan. O camiño de 5,2 km é de dificultade media-alta.
Valdoviño De Rutas
Para outros plans...
De Praia
As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.
De Ruta
Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.
Birding
O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.
Turismo Activo
Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.
Xeoturismo
As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.
De Festa
O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.
Grandes Miradores
Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.