Ruta ata o Alto da Vela, goza de boas vistas da costa de Meirás e A Frouxeira.

Ruta ata o
Alto da Vela.

A través dun camiño zigzagueante de terra e pedra iremos ascendendo ata chegar aos restos da batería Campelo Baixo. Alí, ademais de gozar de boas vistas da costa de Meirás e A Frouxeira, os máis curiosos e atrevidos poderán, por exemplo, penetrarse nos pasadizos que levan aos distintos niveis do antigo búnker de telemetría. Así pois, o que queira descubrir os segredos desta auténtica montaña perforada non poden esquecer a lanterna. Pero os que non se conformen co bo e queiran o mellor, deberán seguir ascendendo. Un camiño serpeante, sen grandes pendentes e con aparentes treitos chairos, facilita a subida. A antiga entrada á batería Campelo Alto co seu aviso de “Zona Militar. Prohibido o paso” anticipa o final do camiño, pero aínda falta por andar.

ALCANZA A

Ponte de Mando e disfruta das mellores vistas.

PARA OS MÁIS CURIOSOS

Os pasadizos do antigo búnker de telemetría.

PRECISARAS DUNHA LANTERNA PARA

Descubrir os segredos desta montaña perforada.

Está pensado para facer a pé ou en bicicleta de forma autoguiada.

As mellores vistas imaxinables.

Na cima, que se alcanza tras un ascenso final con firme esvaradío, atópase a antiga Ponte de Mando (unha nova aventura baixo terra). Desde alí, ante nós, as mellores vistas imaxinables. Unha panorámica 360 graos da Costa Ártabra, desde Cabo Prior ata Frouxeira, e dos vales de Meirás e Valdoviño.

Para disfrutar como queiras.

O camiño total rolda os 6,8 quilómetros. É de dificultade media, e pódese facer tanto a pé coma en bicicleta.

Para outros plans...

De Praia

As praias son, sen dúbida, a xoia da coroa do turismo de Valdoviño. 25 km de Atlántico. Unha costa chea de calas, cun puñado de areais de auténtico luxo para todos os gustos.

De Ruta

Hai mil e unha posibilidades. E cada cal mellor. Nada como calzarse unhas botas e deixarse levar pola beleza dunha ruta para entrar en contacto coa natureza… para sentir Valdoviño.

Birding

O birding está de moda. Se che gusta a natureza, Valdoviño ofréceche un dos mellores lugares de Galicia para a observación de aves: a lagoa e o areal da Frouxeira.

Turismo Activo

Praias de mar aberto, unha lagoa costeira, un encoro...Valdoviño é, sen lugar a dúbidas, un destino perfecto para as persoas que gozan dos deportes náuticos, aínda que as posibilidades que oferta para divertise son moitas máis.

Xeoturismo

As persoas afeccionadas á xeoloxía teñen no litoral de Valdoviño unha visita obrigada. O municipio presenta unha sucesión de puntos de interese para coñecer con era esta terra millóns de anos atrás.

De Festa

O calendario festivo de Valdoviño, máis alá de festexos parroquias, presenta toda una serie de eventos culturais, gastronómicos e deportivos que non te pode perder.

Grandes Miradores

Un plan que nunca falla. Colle a bici ou o coche e percorre todos eses lugares estratéxicos que permiten gozar das mellores panorámicas. Un itinerario para o que cómpre a cámara de fotos.