Proxección este venres no campo da festa de Loira do espectáculo “Somos criminais” con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán

Retirada de invitacións na Casa da Cultura de 10 a 14 horas

O campo da festa de Loira acollerá este venres, a partir das 23 horas, a proxección ao aire libre do espectáculo «Somos criminais». Unha comedia protagonizada por Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, onde se fan unha serie de preguntas sobre Galicia, como se temos unha cultura propia ou se delinquimos como galegos. Unha proxección que conta co respaldo da Deputación a través da Rede Cultural. As persoas interesadas en tomar parte nesta nova proposta cultural do Concello de Valdoviño poden retirar a súa invitación na Casa da Cultura en horario de 10 a 14 horas martes, mércores e venres -ou ata esgotar prazas-. 

Nesta obra que agora se proxecta no municipio, e que se ten convertido no espectáculo teatral galego con máis entradas vendidas, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán analizan e dramatizan crímenes autóctonos en todas as súas variables, dende o crime por arrebato ata crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego.