Preto de medio centenar de parellas tomarán parte este domingo no II Torneo de Tenis Praia Concello de Valdoviño
A competición arrancará na Frouxeira a partir das 10:30 horas
Valdoviño, 12 de agosto de 2022. Un total de 46 parellas tomarán parte este domingo no areal da Frouxeira na segunda edición do Torneo de Tenis Praia Concello de Valdoviño-Escola de Tenis Justo al Revés. Unha participación que alcanza o centenar de deportistas inscritos/as -ata 98-.
A competición arrancará ás 10:30 horas sobre a area, e prolongarase ata as 21 horas, cando se prevé a entrega de trofeos. Haberá diferentes categorías: infantil, absoluto masculino, feminino e mixto, e familiar -nais/pais e fillos/as-. Unha cita con moi boa acollida, xa consolidada no calendario deportivo local, que todos e todas poderemos seguir este domingo.
Comentarios