O Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2025 xa ten aos seus vencedores e vencedoras de surf adaptado

Na competición participaron preto de 30 deportistas nacionais e internacionais

Valdoviño, 24 de agosto do 2025. A 38 edición do Abanca Pantin Classic Galicia Pro deste 2025 xa ten aos seus campións e campioas de surf adaptado, logo de concluír a única parada do tour mundial en España da Para Surf League, que é o equivalente da WSL, na que tomaron parte preto de 30 deportistas nas distintas categorías.

A deputada de Emprego, Industria, Medio Ambiente e Reto demográfico, Rosana García, na representación da Deputación de A Coruña; o concelleiro de Infraestruturas viarias, Germán Gómez; xunto con Yago Barreto, do Club Praia de Pantín, e Dana Cummings, un dos pioneiros do surf adaptado, foron os encargados hoxe de entregar os trofeos.

Como é sabido, as categorías da PSL adáptanse a mobilidade e visión dos participantes. Na Stand 2 gañou Xabi Ayestaran, mentres que Mireia Cabañes impúxose na proba feminina de Stand 3.

En visión imp 1, o primeiro posto foi para Ben Neumann e para a surfista lusa Marta Paco, que recolleron o premio cos seus cadis. En vision imp 2, a vitoria foi para Dani Souto e, entre as rapazas, para Lou Mchiche.

Antonio Muller e Paloma Oñate, gañaron en Prone 1. E Sarah Almagro volveu facerse coa vitoria en Prone 2. Por último, en categoría Kneel, triunfaron Williams e Rheya Sarre.

A entrega concluía cunha gran foto de familia que deixaba as claras a amizade e vitalidade dos participantes da PSL, sen dúbida, dos mellores deportistas. A competición principiaba a primeira hora desde domingo e remataba pouco antes das 15 horas, cunha néboa baixa e un calor abafante que animou a asistencia na praia.

Triais galegos

Este luns 25 vaise disputar os triais galegos coa colaboración coa Federación Galega de Surf (FGS), con 68 participantes inscritos. Comezarán ás 8 horas. En xogo, catro pases directos á competición principal para os surfistas que demostren máis destreza nas ondas de Pantín.