Posta a punto da piscina municipal para a súa reapertura, prevista para este luns 30 de xuño
As instalacións acollerán polas mañás os cursiños e actividades de OcioSol 2025, e polas tardes, estarán abertas ao baño libre
Valdoviño, 27 de xuño do 2025. A piscina municipal de Lago reabrirá as súas portas o vindeiro luns, 30 de xuño, e con esa data á vista, estes días o Concello de Valdoviño levaba a cabo os traballos de mantenemento para a súa posta a punto. Ao día seguinte, coincidindo co inicio do mes de xullo, comenzarán tamén os cursos e actividades acuáticas de OcioSol 2025, en horario de mañá. Polas tardes, o Concello reserva as instalacións para o baño libre. Será de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, e sábados, domingos e festivos de 12:00 a 20:00 horas.
Os prezos manteranse invariables. Así, a entrada terá un custe de 2,5 euros para persoas adultas e de 1,5 euros para menores, coa posibilidade de expedir o bono familiar, cun custe de 20 euros para 15 baños (un baño dá acceso a todas as persoas integrantes da unidade familiar -pais/nais e fillos/as-). As persoas interesadas neles deben tramitalos na oficina da piscina, e achegar o Libro de Familia.
