Pantín celebra o Open Galego e unha competición de surf adaptado
Gony Zubizarreta, Martina Álvarez, Enrique Conde e Isa Gundín ganadores de los Wildcards
Dende o pasado sábado a praia de Pantín vive inmersa na súa cita anual cos mellores surfistas do mundo. Durante toda a fin de semana nas augas do Rodo disputouse o Open Rexional Galego, conseguindo os dous primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina os ansiados Wildcards que lles abren as portas ao Pantín Classic 2020.
Na categoría masculina, Gony Zubizarreta acadou o primeiro Wildcard, seguido por Enrique Conde. Por outra banda, na categoría feminina, o primeiro foi para Martina Álvarez, e o segundo para Isa Gundín.
Durante a xornada de hoxe, festivo local, celébrase o Abanca surf adaptado, que reúne aos doce mellores surfistas europeos nesta disciplina. Será a modo de prólogo dos días grandes do Pantín Classic.
Desde o Concello lémbrase que este ano non se poderá asistir ao veterano certame de surf sen rexistrarse previamente a través da web oficial do evento deportivo, e descargar o código QR que permitirá acceder ao recinto. Con esta medida, a organización controlará non só o número de persoas asistentes en cada momento, senón tamén a súa identidade e tempo de permanencia. Unha das medidas establecidas no marco do protocolo de actuación en materia de prevención fronte á covid-19.
O Concello insiste ademais na importancia do cumprimento por parte do público das medidas preventivas fronte ao coronavirus. Nesta liña, lembran a obriga de usar mascarillas, a necesidade de manter a distancia interpersoal e a limitación dos grupos a non máis de dez persoas. Finalmente, apuntan que a actividade no recinto concluirá a última hora da tarde, trala finalización da competición.