Valdoviño renderá este ano homenaxe a María Jesús García Funcasta no Día da Muller
O acto central terá lugar este ás 18 h no auditorio da casa da cultura, e incluirá a estrea da obra teatral "Mulleres en tempos dalgún día"
Seitura 22 ofrecerá este martes en Valdoviño unha charla informativa sobre a nova convocatoria de axudas LEADER
Comezará ás 20:00 horas na casa da cultura, con entrada libre
O servizo gratuíto de atención psicolóxica do Concello pecha o primeiro exercicio de actividade con 12 veciños e veciñas atendidas
As persoas son derivadas dende o departamento de Servizos Sociais
Valdoviño celebrará o Día de Rosalía cunha nova obra da nosa autora máis universal aos pés da praia da Frouxeira
O pintor Manuel Carballeira inspírase no billete de 500 pesetas que convertía á autora na primeira muller da historia en figurar nos emitidos en España pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre
O Festival de Entroido de Valdoviño contará este sábado con ata 5 comparsas locais e 3 de Cedeira, Fene e Narón
A cita arrincará ás 17:30 h co desfile entre a casa consistorial e a casa da cultura, e o festival estará presentado por Avelino "O cego das covas"
O Concello convida ás familias a participar este sábado no XIV Encontro Infantil no Entroido
Con entrada de balde, celebrarase no pavillón O Longoiro de 17 a 20 h
Valdoviño celebrará o sábado 21 de febreiro o seu XXVI Festival de Entroido
Como novidade deste ano, no caso das comparsas, as gratificacións á participación substitúen aos premios
O escritor Henrique Dacosta presenta este venres na Biblioteca de Valdoviño a súa última obra, “Mortes con argumento”
No acto, que dará comezo ás 19 h, estará acompañado de Antón Cortizas
Naturgy promove un novo curso online gratuíto centrado na enerxía eólica
Inclúese no plan de formación asociado ao proxecto de repotenciación do parque eólico Novo
A casa da cultura acollerá un obradoiro de gravado para nenos, nenas e persoas adultas
Gratuíto, celebrarase o sábado 14, de 12 a 14 h, con inscrición previa
