Os nenos e nenas de Concilia participan no taller “Aventuras con mulleres científicas”
A sesión deste proxecto que promove a Deputación celebrouse onte
Valdoviño, 23 de xullo do 2026. Os nenos e nenas que acuden a diario aos campamentos Concilia Tempos Verán que organiza o Concello de Valdoviño no local social de Pantín participaban no día de onte no taller “Aventuras con mulleres científicas”. Trátase dun proxecto incluído no Circuíto en Igualdade que promove a Deputación da Coruña para divulgar entre os máis novos e novas a figura daquelas mulleres que destacaron no ámbito científico. Para iso, cativos e cativas deben enfrontarse a diferentes desafíos de programación.
Deste xeito, o programa favorece o desenvolvemento do pensamento computacional, creando secuencias para que o robot TaleBot chegue ao seu destino correcto coa axuda dos nenos e nenas. Unha actividade que desfrutaron, e moito, onte pola mañá en Valdoviño.
