Os mozos e mozas de Valdoviño reciben información sobre as oportunidades de estudo e traballo na Unión Europea

Participaron esta mañá nunha xornada no CPI Atios promovida por Europe Direct A Coruña, da que forma parte o Concello

Valdoviño, 9 de xuño de 2022.

Os alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios tomaron parte ao longo de toda a mañá na iniciativa «Somos Moitos Tour» que promove Europe Direct A Coruña, e da que forma parte o Concello de Valdoviño. Unha campaña de comunicación sobre oportunidades e políticas xuvenís para a participación e inclusión social da mocidade na que se desplegaron carpas coas seguintes temáticas: 

-“Descubrindo Europa”: con actividades coas que abordar o concepto de Europa de forma divertida.

-“España para ti”: onde se falou máis en concreto sobre as oportunidades de prácticas e voluntariado para os mozos e mozas en España e se levaron a cabo actividades sobre este tema.

– “Europa para ti”: onde se desenvolveron actividades co obxectivo de dar cantas máis informacións aos mozos e mozas sobre as oportunidades de emprego en Europa. Centráronse en EURES e na construción do CV.

– “Agora falo eu”: neste espazo deixouse a palabra aos/as participantes, planteándose 4 temas: medio ambiente, inclusión, diversidade e educación.

En definitiva, un proxecto informativo, itinerante e participativo a través do que se ofreceron ferramentas, coñecementos e metodoloxías da educación non formal para dar a coñecer as principais oportunidades nacionais e europeas para a formación, o emprego e a educación.