Os maiores especialistas en surfcasting do país impartirán na Frouxeira un curso sobre lances OTG

A Asociación deportiva O Escarapote activa a reserva de prazas para a actividade, que terá lugar en xullo co apoio do Concello

Os afeccionados ao surfcasting terán unha cita obrigada o próximo mes de xullo na praia da Frouxeira. O areal acollerá un curso de lance OTG, que impartirán os dous maiores especialistas desta técnica que hai en España. A Asociación deportiva O Escarapote, organizadora da iniciativa, abre desde xa a reserva de prazas.

O curso, programado para os días 17 e 18 de xullo, aproximadamente de 9.30 a 13.30 horas, desenvolverase coa colaboración do Concello de Valdoviño. Serán dúas mañás nas que os participantes poderán perfeccionar e mellorar a súa técnica para alongar o lanzado desde a beira do mar os máximos metros posibles.

A actividade, que reunirá por primeira vez aos dous mellores expertos españois nesta técnica -o malagueño Emilio  OTG  Zafary e o cántabro Sergio  OTG-, está a espertar xa o interese de clubs procedentes de distintos puntos de Galicia. Por iso, e dado que as prazas son limitadas (un máximo de 45 participantes), a organización abre un prazo de reserva a través dos números telefónicos 617144141 (Kiko Campelo) e 625167033 (Abu).

Desde a Asociación deportiva O Escarapote agradecen a colaboración recibida por parte do  Concello de Valdoviño, que desde o minuto uno brindouse a que as praias do municipio acolleran o curso, e destacan o seu apoio na a hora de promocionar deportes como o  surfcasting que, a pesar de contar cun bo número de seguidores, segue a ser minoritario.