Os locais de hostalería poderán ampliar en 2 horas o horario de apertura a noite de Fin de Ano

O Concello de Valdoviño dá luz verde á medida

Valdoviño, 30 de decembro do 2024. O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informa de que o Concello vén de autorizar a ampliación dos horarios de apertura dos establecementos de hostalería do municipio na noite de Fin de Ano.

Así, bares, restaurantes e cafeterías poderán abrir as súas portas a noite do 31 de decembro ata 2 horas máis sobre o horario habitual que corresponda á súa licenza e/ou permiso para o desenvolvemento da súa actividade, cumprindo tamén a normativa en relación a aforos e seguridade. Unha medida que deberán comunicar previamente, e que permite desfrutar do Fin de Ano no municipio e, nesta liña, o rexedor anima á veciñanza a participar da variada oferta festiva dos establecementos hostaleiros de Valdoviño.