Os futuros arquitectos inauguran exposición coas súas propostas de intervención para a contorna do encoro das Forcadas
Valdoviño volveu converterse en laboratorio de ideas para a asignatura “Análise da Arquitectura” na Escola Superior de Arquitectura da Coruña
Valdoviño, 14 de setembro do 2026. Baixo o título “Terceiro Asalto”, o alumnado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña inaugurará este venres exposición en Valdoviño coas súas propostas de intervención para a contorna do encoro das Forcadas, entre as parroquias de Loira e Vilaboa. A mostra recolle unha selección das ideas e proxectos formulados polos futuros arquitectos na asignatura “Proxectos 2 e 3”, que volvía converter a Valdoviño no seu laboratorio de ideas.
O acto de inauguración da exposición, con entrada libre, celebrarase este venres á 18:00 horas na planta baixa da casa da cultura. Nel, está previsto que participen aqueles alumnos e alumnas autores dos proxectos seleccionados, de modo que expliquen brevemente as súas propostas para o territorio. A partir de entón, a mostra poderá visitarse ata o 9 de outubro, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.
Os dous cursos anteriores, o alumnado centraba a súa atención nas baterías de Campelo -curso 23-24- e na contorna da praia de Vilarrube e no núcleo de Porto do Cabo -24-25-.
