A Casa do Morcego, o mellor expoñente do turismo rural de calidade.
Casa do Morcego
A casa levántase no impresionante enclave de Porto do Cabo, xunto ao río as Mestas. Amplas e cómodas habitacións nunha casa rodeada nada menos que por 2.000 metros cadrados de espazo verde, perfecta para esquecer o día a día en contacto coa natureza.
Os nosos servizos
O Outono Gastronómico
O establecemento, que participa anualmente no Outono Gastronómico, fai unha aposta polas enerxías alternativas (solar e máis biomasa para a auga quente e calefacción), pola reciclaxe e polo consumo nos impresionantes almorzos e ceas caseiras, con produtos frescos quilómetro cero, é dicir, 100 % locais e mesmo da horta propia. ¿Pódese pedir máis?
Como chegar?
Valdoviño. Onde Durmir?
Cal é o teu plan?
Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.
Turismo rural
Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.
Hoteis
Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.
Pensión residencia
Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.
Albergues
Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.
Surf house
Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.
Camping
Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.
Área de autocaravanas
Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.