Surf and Breakfast, goza ao máximo dun dos mellores destinos de surf en Europa.
Surf and Breakfast
É unha surf house que ofrece unha gran oportunidade para aqueles que queren gozar ao máximo dun dos mellores destinos de surf en Europa, Galicia. Atópase a só 300 metros dunha das máis impresionantes praias do Atlántico, A Frouxeira, e fai bo a súa lema #GetUpAndSurf.
Os nosos servizos
#GetUpAndSurf
Valdoviño. Onde Durmir?
Cal é o teu plan?
Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.
Turismo rural
Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.
Hoteis
Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.
Pensión residencia
Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.
Albergues
Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.
Surf house
Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.
Camping
Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.
Área de autocaravanas
Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.