Casa Veiga, unha casa de aldea totalmente restaurada, pero que mantén o toque rural.

Casa Veiga.

Esta pensión- residencia de dúas estrelas, situada na parroquia de Sequeiro, preséntase, polas súas boas comunicacións, como unha opción para quen foxe do bulicio dos centros vacacionais e para quen, ademais de gozar de Valdoviño, quere descubrir outros destinos da comarca. O seu emprazamento na zona rural garante tranquilidade, sen por iso ter que renunciar a comodidades e servizos. De feito, ao seu carón hai varios restaurantes. Unha curiosidade: as súas nove habitacións levan o nome das principais praias do municipio e de Ferrolterra.

Os nosos servizos.

Calefacción
Instalacións adaptadas
Aparcadoiro privado
Área de restauración
Wifi gratis
Pago con tarxeta
Cama supletoria

O seu emprazamento garante tranquilidade, sen por iso ter que renunciar a comodidades e servizos.

Horario

Está aberto desde maio ata outubro.

Capacidade

8 habitacións dobres e unha individual.

Web Media

Cal é o teu plan?

Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.

Turismo rural

Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.

Hoteis

Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.

Pensión residencia

Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.

Albergues

Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.

Surf house

Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.

Camping

Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.

Área de autocaravanas

Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.