Valdoviño Express, un hotel acolledor nas proximidades da lagoa da Frouxeira

Valdoviño Express

O seu emprazamento, nas proximidades da lagoa da Frouxeira, convérteo nun lugar perfecto tanto para pasar uns días tranquilos como para establecer o ``cuartel xeral`` en calquera escapada a Ferrolterra. Trátase dun hotel acolledor, con amplas habitacións e zonas comúns, adaptado ademais para albergar a persoas con mobilidade reducida. A uns metros atópase o paseo natural que bordea a lagoa ata chegar á espectacular praia da Frouxeira.

Os nosos servizos

Instalacións adaptadas
Cafetería con terraza
Aparcadoiro Privado
Zona verde
Recepción
Calefacción
Televisión y Wifi
Berces e camas supletorias, con pago de suplemento
Lavandería (no 2020 suspéndese este servizo, a causa da covid-19)

A uns metros do paseo natural que bordea a lagoa.

Horario

Abre de xuño a setembro, ademais de en Semana Santa e durante a ponte do 1 de maio.

Capacidade

Vinte e dúas habitacións dobres, con opción de converterse en triplas.

Cal é o teu plan?

Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.

Turismo rural

Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.

Hoteis

Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.

Pensión residencia

Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.

Albergues

Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.

Surf house

Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.

Camping

Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.

Área de autocaravanas

Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.