A Roda, a opción perfecta para quen busca aloxarse a pé de praia.

A Roda *

É, sen lugar a dúbida, a opción perfecta para quen busca aloxarse a pé de praia. O hotel, en funcionamento desde o ano 1974, levántase xusto á beira do areal máis popular de Meirás, o do Río, algo que permite que case a metade das súas habitacións conten con vistas directas ao Atlántico. Aínda que, sexa cal for o cuarto asignado, o relaxante murmurio do mar acompañarate polas noites neste establecemento de marcado carácter familiar.

Os nosos servizos

Instalacións adaptadas
Cafetería con terraza
Aparcadoiro Privado
Zona verde
Recepción
Calefacción
Televisión y Wifi
Berces e camas supletorias, con pago de suplemento
Lavandería (no 2020 suspéndese este servizo, a causa da covid-19)

Á beira do areal máis popular de Meirás, o do Río

Horario

Este hotel está aberto durante todo o ano.

Capacidade

Trece habitacións dobres, dous cuartos triplos, dous cuádruplos, e catro apartamentos.

Cal é o teu plan?

Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.

Turismo rural

Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.

Hoteis

Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.

Pensión residencia

Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.

Albergues

Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.

Surf house

Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.

Camping

Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.

Área de autocaravanas

Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.