Camping Valdoviño, con máis de medio século de antigüidade e en proceso de renovación e mellora constante.

Camping Valdoviño.

Un dos cámpings máis veteranos da zona, con máis de medio século de antigüidade e, con todo, en proceso de renovación e mellora constante. Destacan os seus amplos e cómodos bungalós, toda unha experiencia. Parcelas axardinadas e con todos os servizos posibles a escasos metros da praia da Frouxeira. Sen dúbida vivirás unha experiencia única.

Os nosos servizos.

Supermercado
Cafetería-restaurante
Instalacións adaptadas
Zona verde
Piscina
Zona de lecer infantil
Wifi gratis
Duchas individuais
Lavandería
Tres puntos de baleirado para autocaravanas
Recepción de 9 a 21 horas
Surf Camp

A escasos metros da praia da Frouxeira.

Horario

Desde Semana Santa ata o 1 de novembro.

Instalacións

75 parcelas para acampar dun mínimo de 60 metros cadrados, con céspede, sombra e toma de corrente; once bungalós de entre tres e sete prazas e dez apartamentos, de entre tres e seis prazas.

Cal é o teu plan?

Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.

Turismo rural

Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.

Hoteis

Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.

Pensión residencia

Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.

Albergues

Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.

Surf house

Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.

Camping

Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.

Área de autocaravanas

Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.