Camping Fontesín, un plácido espazo para aloxarse.

Camping Fontesín.

Quen goza da acampada ten, a pouco máis de 200 metros da praia do Río, en Meirás, unha boa alternativa. O cámping Fontesín, ofrece un plácido espazo para aloxarse. Son en total 68 parcelas con chan de herba natural e abundante espazo con sombra, que permiten acomodar tendas de campaña, caravanas e autocaravanas. Dotado de todos os servizos básicos -as instalacións foron melloradas no último lustro- dispón mesmo de parque infantil propio.

Os nosos servizos.

Supermercado
Snack bar, con terraza
Instalacións adaptadas
Aparcadoiro privado
Wifi gratis
Duchas individuais
Tres puntos de baleirado para autocaravanas
Zona verde
Parque infantil
Punto de baleirado para autocaravanas
Wifi gratis
Admite mascotas

Goza a pouco máis de 200 metros da praia do Río, en Meirás.

Horario

Aberto do 1 de xuño ao 15 de setembro (a causa da covid 19, a apertura retrasouse no 2020 ao 1 de xullo).

Instalacións

68 parcelas para acampar, con céspede natural, sombra e toma de corrente.

Cal é o teu plan?

Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.

Turismo rural

Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.

Hoteis

Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.

Pensión residencia

Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.

Albergues

Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.

Surf house

Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.

Camping

Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.

Área de autocaravanas

Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.