Casa Mamut, o albergue coas mellores vistas.

Casa Mamut.

Preciosa casa a tan só 250 metros da Praia da Frouxeira, con modernas instalacións e conexión wifi de alta velocidade. Dispón dun amplísimo xardín con zona de grella e chill out e unha zona común con futbolín e billar. Perfecta para todo tipo de clientes- sempre que queiran compartir experiencias- moi tranquila e, como reza o seu lema, o albergue coas mellores vistas.

Os nosos servizos.

Cociña equipada
Xardín con zona de grella e chill out
Zona de xogos
Wifi gratis
Servizo de limpeza diario ( este ano, a causa da covid-19, non )
Servizo de lavandería

Dispón dun amplísimo xardín con zona chill out.

Horario

Desde Semana Santa ata o 1 de novembro, aínda que se aceptan reservas fóra de tempada chamando por teléfono ou contactando a través da súa páxina web. En 2020, a causa do covid-19 só se aluga a casa ao completo e por un mínimo de cinco noites. Pódense consultar ofertas.

Capacidade

21 prazas, repartidas en sete habitación e tres andares: unha de catro camas, outra de tres, catro cuartos dobres, e unha suite, con baño privado.

Cal é o teu plan?

Valdoviño ofréceche desde cámpings a pé de praia con todos os servizos que poidas imaxinar, ata casas rurais a poucos metros da costa con ambientes realmente acolledores. Hoteis e pensións cun excelente servizo e trato e novas formas de aloxamento, como os albergues. Aquí podes consultar todas as opcións.

Turismo rural

Conecta. Reláxate. Aquí tes a opción perfecta para converter a natureza no teu fogar sen renunciar a todas as comodidades.

Hoteis

Os nosos hoteis ofrécenche non só unha estancia cómoda e de calidade, permitiranche vivir unha experiencia única.

Pensión residencia

Se o que buscas é un trato familiar e un ambiente inmellorable, desfrutando de todos os servizos e comodidades, esta é a túa opción.

Albergues

Unha experiencia que está a cobrar protagonismo e á que Valdoviño se apunta a través de establecementos de primeira.

Surf house

Completa a túa experiencia co mar aloxándote en establecementos onde compartir a experiencia e gozar do mellor ambiente.

Camping

Acampada, autocaravaning, bungalows de auténtico luxo, tendas glámping... todas as opcións a pé de praia e cos mellores servizos.

Área de autocaravanas

Co Atlántico no horizonte e a natureza como escenario da túa estancia, aquí tes todos os servizos posibles para unha estancia única.