Restaurante Robles, veterano restaurante cuxa oferta gastronómica varía segundo o día.

Restaurante Robles.

A súa oferta gastronómica varía segundo o día. O café matinal con petisco e máis o menú do día son os alicerces da súa oferta durante as xornadas laborais, orientada ás persoas que traballan, en tanto que a carta e o picoteo repártense o protagonismo durante as fins de semana. Entre as súas especialidades, as ameixas e as luriñas á prancha, o polbo, e o bacallau. Ademais, é punto de encontro para os afeccionados ao fútbol.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local ( Tlf. 981 486 486 )
Terraza cuberta
Aparcadoiro privado
Instalacións adaptadas
WiFi gratis
Pago con tarxeta
Emite os partidos de fútbol de pago
Admite mascotas na terraza

O menú do día e máis o café matinal son os alicerces.

Entre as súas especialidades, as ameixas e as luriñas á prancha, o polbo, e o bacallau. Ademais, é punto de encontro para os afeccionados ao fútbol.

Horario

De martes a venres de 7 horas ata o peche; fins de semana, de 9 horas a peche.

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

981 486 486

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.