Restaurante O Castro situado nun auténtico lugar privilexiado de Pantín.
Restaurante O Castro.
O restaurante O Castro está asentado nunha suave pendente sobre a costa, o que permite gozar dunhas impresionantes vistas panorámicas do val de Pantín e da praia do Rodo, escenario do Pantín Classic. Trátase dunha antiga casa de labranza restaurada, rodeada de amplos xardíns, que toma o seu nome do antigo asentamento celta que se ergueu nas súas inmediacións. A calidade da súa cociña, trato e servizo valéronlle diversos recoñecementos no mundo da restauración. Entre as súas especialidades, atópanse os canelóns de porco celta; o arroz con lubrigante e o porco celta asado.
Os nosos servizos.
Cociña coa mellor calidade.
Entre as súas especialidades, atópanse os canelóns de porco celta; o arroz con lubrigante e o porco celta asado.
A nosa carta.
Entrantes
Ensalada temperada de langostinos e polbo; croquetas O Castro; puntillas de lura, ortiguillas de mar; polbo á prancha; polbo á feira, revolto de algas “wakame” con ourizos de mar; tosta de roxón prensado de porco celta con queixo afumado e tomate e tosta de sardiña marinada con tomate.
Mariscos
Salpicón de rape e langostinos; zamburiñas á prancha, vieiras grandes da ría ao forno. Por encarga, serve outros mariscos.
Arroces
Arroz caldoso de peixe e marisco; arroz negro con berberechos e luras da ría e arroz con lubrigante.
Carnes
Canelóns de porco celta; porco celta asado; delicias de París (lombo de porco recheo de xamón e queixo ao viño tinto); solombo de tenreira á pementa, presa e abanico de porco ibérico ao Oporto, pato ás cinco bagas en salsa de mel.
Peixes
Linguado á prancha; rape en salsa de marisco; bacallau gratinado con espinacas ao alioli.
Ofrece pratos para persoas vexetarianas e para celíacas.
Visita tamén...
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.