Restaurante Mamá Piana, innovación e tradición xuntas na cociña.
Restaurante Mamá Piana.
Cociña tradicional, cun innegable punto de innovación, servida nun espazo que engade encanto: unha casa bicentenaria completamente rehabilitada. Son só algúns dos valores dun restaurante, en cuxa carta, en permanente evolución, non faltan os mellores peixes e carnes da zona. E como non, as sobremesas, sempre con xeado. As súas bandeiras: o coidado ao produto e un trato próximo.
Os nosos servizos.
A destacar, o peso na súa carta dos produtos de tempada.
A nosa carta.
Entrantes
Zamburiñas, filloas recheas de langostinos e verduras, o polbo en varias elaboracións e ensalada de tomate negro de Santiago.
Carnes
Vacún maior, Asado de tenreira, Entrecosto e Croca.
Peixes
Bacallau, salmón e pescada. Chocos con arroz e verduras.
Ofrece pratos para persoas vexetarianas, veganas e para celíacas.
Visita tamén...
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.