Restaurante El Gitano, uns fogóns sempre en plena ebulición para ofrecerche a mellor cociña tradicional galega.
Restaurante El Gitano.
Uns fogóns sempre en plena ebulición para ofrecerche a mellor cociña tradicional galega coas espectaculares vistas á Frouxeira. Sentar á mesa de El Gitano, entre cuxas especialidades destacan as ameixas con polbo, parrillada mixta de marisco e peixe, o rape con chícharos, o polbo ou o entrecosto de boi, é facelo coa garantía de gozar da mellor velada.
Os nosos servizos.
Cociña galega con espectaculares vistas á Frouxeira.
Entre as súas especialidades destacan as ameixas con polbo, parrillada mixta de marisco e peixe, o rape con chícharos, o polbo ou o entrecosto de boi, e facelo coa garantía de gozar da mellor velada.
A nosa carta.
Mariscos
Percebes, langostinos, cigalas, gambas á prancha, ameixas á mariñeira, ameixas á prancha, ameixas con polbo, zamburiñas á prancha e salpicón de marisco.
Carnes
Cordeiro ou cabrito asado, tenreira asada, carrilleira de porco ibérico, bisté de tenreira, costeleta de tenreira, entrecosto de tenreira, entrecosto de vaca, costeleta de vaca, costeleta de porco, lombo adobado, costeletas de cordeiro, lingua de tenreira, cocido galego.
Entrantes
Ensalada de leituga, tomate e cebola; ensalada mixta, ensalada mixta con queixo, espárragos con maionesa, pementos de Padrón, sopa de fideos, sopa de marisco, callos.
Peixes
Polbo, rodaballo á prancha, rodaballo á galega, linguado á prancha, pescada á prancha, pescada á galega, pescada á romana, rape con chícharos, robaliza, chocos, luras, grellada de peixe e marisco, arroz con lubrigante.
Ofrece pratos para persoas vexetarianas e para celíacas.
Visita tamén...
Restaurantes
Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.
Marisquerías
Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.
Casas de comidas
Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.
Pizzerías
O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.
Bocaterías e hamburgueserías
Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.
Cafeterías e copas
Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.