Restaurante Camping Valdoviño, disfruta dunha variedade de ambientes no seu interior e dos seus pratos con coidadas elaboracións.

Camping Valdoviño.

Situado a uns 300 metros da praia da Frouxeira, o restaurante do Cámping ten entidade propia. O local destaca pola variedade de ambientes no seu interior, pola súa amplísima terraza e, por riba de todo, polos seus pratos, con coidadas elaboracións. Entre as súas especialidades figuran o salteado de polbo, os langostinos e as zamburiñas, ademais do pescado marinado. Ofrece a posibilidade de celebrar eventos, coa opción de aloxamento incluído.

Os nosos servizos.

Reserva e recollida de comida no local (tlf. 981 487 076)
Terraza
Aparcadoiro privado
WiFi gratis
Instalacións adaptadas
Pago con tarxeta
Admite mascotas na terraza

Posibilidade de celebración de eventos, coa opción de aloxamento incluído.

Horario

Desde Semana Santa ata o 1 de novembro de 9.30 a 00.30 horas (os martes pecha).

Capacidade

Temos un aforo duns 200 comensais.

Reserva a túa mesa ou recolle a túa encarga no

981 487 076

A nosa carta.

Camping Restaurante Valdoviño.

Braviolis, ovos rotos con picadillo e pemento; croquetas caseiras con xamón ibérico; salteado de verduras con queixo; nachos con guacamole e sofrito de frixoles e queixiño; zamburiñas á galega; polbo á feira; luras á andaluza; salteado de setas shitake con langostinos; ensalada de polo temperada; ensalada de mozarella fresca mix de tomates cherry, albáfega e tapenade; langostinos en tempura; ensaladilla de bonito en escabeche; entrecosto de tenreira; peituga de polo recheo; raxo con verduriñas; pescada crocante en taquiños; robaliza salvaxe; rape en salsa e arroces por encargo (arroz meloso de chocos na súa tinta con maionesa de codium; arroz con bonito do norte e guiso de tomates; arroz caldoso con lumbrigante; arroz con bacoriño.

Visita tamén...

Restaurantes

Os nosos restaurantes ofrecen moito máis que gastronomía: tradición, innovación, extraordinarias vistas, un trato familiar e un ambiente inmellorable.

Marisquerías

Aquí o marisco é o rei. Percebes, coquinas, centolas... non o imaxines, saboréao.

Casas de comidas

Tradición e bo facer, dúas sinais de identidade das nosas casas de comidas. Cada unha delas única e singular pero cun lema común: calidade.

Pizzerías

O sabor de Italia está presente en Valdoviño a través das súas pizzerías, cunha ampla variedade de masas e unha carta de ingredientes infinita.

Bocaterías e hamburgueserías

Os locais de hostalería de Valdoviño reinterpretan bocatas e hamburguesas con receitas propias e orixinais.

Cafeterías e copas

Todas as opcións son posibles no noso concellos. Dende a taberna máis tradicional ata a cafetería máis vangardista.